Interludio (A Casa das Hortensias)
Uxía García
Non sei que se creou antes
Se o teu nome ou a cidade
Eu sei que das fisuras das pedras que conforman a Muralla
Se conxugaron os poemas dos amantes mais novos da cidade
E así, como decidín inventar nomes para os teus ollos
Tamén quixen escribir as nosas historias nas paredes das casas
Para que poidas aprendelas de memoria
Porque primeiro inventamos o teu nome
A cidade constrúese ao pronuncialo
Podo recoñecer a tristura das mulleres
Observando a parte dianteira das súas casas
Aí semper medrarán hortensias