Romance de Bernaldino e Sabeliña

Tradicional

Polo mundo me vou, madre,
polo mundo a camiñar(e)
en busca de Bernaldino
que no o podo atopar(e).

E se foi de terra en terra
e de lugar en lugar(e)
topou unha lavandeira
lavando nun areale.

-De Bernaldino señora
Que novas me pode dar(e)?
-Bernaldino, é da reina
o paxeciño galan(e).

Ao decir estas palabras
Bernaldino a porta sae

-Quen te trouxo aquí Sabela,
Quen te trouxo a este lugar(e)?

-Teus amores Bernaldino,
por aquí me fan andar(e).
colleronse polo brazo,
Puxeronse a pasear(e).

En canto os vira a raiña
aos dous mandara matar(e)
a ella enterrana no coro,
enterrano no altar(e).

Dela naceu unha fonte,
E del un verde olivar(e);
Tanto crecen un e outro
Que aos ceos foron chegar

Cando os ventos sopran mainos
os dous se queren falar(e)
Cando os ventos sopran recios
os dous se queren bicar(e)

Trivia about the song Romance de Bernaldino e Sabeliña by Luar na Lubre

When was the song “Romance de Bernaldino e Sabeliña” released by Luar na Lubre?
The song Romance de Bernaldino e Sabeliña was released in 1997, on the album “Plenilunio”.
Who composed the song “Romance de Bernaldino e Sabeliña” by Luar na Lubre?
The song “Romance de Bernaldino e Sabeliña” by Luar na Lubre was composed by Tradicional.

Most popular songs of Luar na Lubre

Other artists of Folk