Son verdor
Sei que chove alá fóra no mundo
Chuvia aceda
Sei que sofren tantos os efectos
Na súa pele
E sei que esa auga está feita de nós
Do noso medo
E o ceo é o que nos trae
É o noso soño
Pra un terrible final
E eu agardo aquí na terra latente
O meu momento de xermolar
Cando no solo poida medrar a verdade
Nutrir sen que ninguén saiba de min
Sen retar nin soar ameaza
Só facendo solo fértil, húmido e futuro
Son verdor, que há ser canción nun novo mundo
Tan limpo e tan cheo de luz
Son verdor que sube pola pedra
Desgastando durezas
Sementando o mol
Para cando queiras
Caer ata o fondo e crear
Sei que o tempo non é espera
Que cada rizoma é o froito de ser
Sei que amar tan profundo
É unha vocación humana
Velaquí a reconciliación
E sei que pechar os ollos ante o terror
Tamén priva de atoparme con
Coa túa voz
É o valor de seguir sendo Nós!