Tempestades de Sal

Nesta terra que fai testamento​
Que acolle os lamentos e anima a olvidar​
Infectada de sangue usureiro​
Caciques modernos, mecenas do mal​
Vivo dentro dun monte de área​
Tinguido de brea que non limpa o mar, ​
Coa esperanza de tomar alento​
Para ver o momento de nos libertar​

​Mais aínda seguimos aquí​
A aturar tempestades de sal, ​
Resistindo a violência de mans​
Desas serpes e cans que nos queren calar. ​
Compañeiras nos soños do Edén, ​
Unha illa no medio do mar, ​
Que iluminan o loito máis negro, ​
Que esquece o desterro e o medo a loitar. ​

Cando as marcas se gravan a ferro
E a dor e a xenreira non deixan sorrir
As penurias van alén da fame
Falta a identidade que axuda a vivir
Só se calma o ruído da raiba
Coa forza que queima na gorxa ao berrar
Queremos curar a fendedura
Olvidar a tristura e voltar comezar

​Mais aínda seguimos aquí​
A aturar tempestades de sal, ​
Resistindo a violência de mans​
Desas serpes e cans que nos queren calar. ​
Compañeiras nos soños do Edén, ​
Unha illa no medio do mar, ​
Que iluminan o loito máis negro, ​
Que esquece o desterro e o medo a loitar. ​

Nesta terra que fai testamento​
Que acolle os lamentos e anima a olvidar​
Infectada de sangue usureiro​
Caciques modernos, mecenas do mal​
Vivo dentro dun monte de área​
Tinguido de brea que non limpa o mar, ​
Coa esperanza de tomar alento​
Para ver o momento de nos libertar​

​Mais aínda seguimos aquí​
A aturar tempestades de sal, ​
Resistindo a violência de mans​
Desas serpes e cans que nos queren calar. ​
Compañeiras nos soños do Edén, ​
Unha illa no medio do mar, ​
Que iluminan o loito máis negro, ​
Que esquece o desterro e o medo a loitar. ​

​Mais, mais, mais aínda seguimos aquí​
A aturar tempestades de sal, ​
Resistindo a violência de mans​
Desas serpes e cans que nos queren calar. ​
Compañeiras nos soños do Edén, ​
Unha illa no medio do mar, ​
Que iluminan o loito máis negro, ​
Que esquece o desterro e o medo a loitar. ​

Most popular songs of S&S

Other artists of K-pop