Tanxugueiras
Anque veño da seitura
Anque veño da segada
Anque veño da seitura
Aínda non veño cortada
Teño un amor na montaña
Teño un amor montañés
Teño un amor na montaña
E no val téñoche tres
Os mociños de Fumaces
Son poucos e mal unidos
Andan polas chimeneas
Como gatos escondidos
Esquecer para querer
Vaia unha ignorancia tola
Deixar seca unha fonte
Para beber auga doutra
Ao muíño de meu pai
Eu ben lle sei o tempero
Cando está alto baixalo
Cando está baixo erguelo
Vai, vai, que tе leva o demo
Vai, vai, que tе vai levar
Vai, vai, que te leva o demo
O martes do carnaval
Rúa arriba, rúa abaixo
Non hai varas que cortar
Todas son mociñas novas
Mozos deixalas medrar
Os mociños de Fumaces
Vén velos, acolá van
Entre pequenos e grandes
Levan o paso do can
Ai, non sabes o que eu vin
Na feira de Marcelín
Unha cabra cunha roca
E un castrón cun violín
Cálame, vaime calando
Carta de tututurutú
Saltaches sete valados
Por virme lamber o cú o can