Belén, Ano Cero

XuntéI o vento frío coa auga-neve
XuntéI a noite negra coa xiada
E vin un neno espido nun pesebre


Qué misterio máis fondo, qué aventura
O neno non querían, non querían
Gozar de outros irmáus, nin de outra axuda


Por algo estaba alí, por algo estaba
Tan lonxe da riqueza gasalleira
Tan perto da probeza desolada


Por algo os pastoriños se achegaron
E si o vento pasou tan paseniño
Cantando soavemente, foi por algo


Por algo era maría unha aldeán
Cando podía sere si quixera
Primeira dama, esposa principal


Por algo era xosé un carpinteiro
De fortes, rexas máus encallecidas
Na garlopa, na trencha e no martelo


XuntéI tódolos orfos nun só berce
XuntéI as inxusticias cos aldraxes
E púxenos de ofrenda nun pesebre


¿Quén foi o que roubou o meu presente?

Most popular songs of Amancio Prada

Other artists of Folk